Pazo do Mosteiro
Un lugar para soñar
Situado no Baixo Miño, unha das zonas naturais de maior beleza de Galicia, Pazo do Mosteiro.
É un antigo Pazo que convida a soñar en cada un dos seus recunchos.
Arquitectura histórica
O Pazo posúe historia propia. Os seus muros de pedra e os seus escudos son dun valor incalculable en canto a beleza refírese. Lindeiro coa igrexa comarcal foi un antigo Mosteiro e nel mantense toda a súa calma e paz.
Unha infinidade de recunchos con encanto
Os seus xardíns, viñedos e salóns coidados ata o máis mínimo detalle farán que o teu evento sexa inesquecible para ti e os teus invitados.
Cos seus 30.000 m² de xardíns entre os que se atopan, entre outros, o xardín da piscina, o xardín do castiñeiro, os viñedos ou un comedor totalmente equipado; Pazo do Mosteiro non só ofrece amplos e coidados espazos senón que tamén ofrece a versatilidade que necesitas para crear o evento dos teus soños.