Eventos de empresa | Restaurante Pepe Vieira | «A última cociña do mundo»

A experiencia e o coñecemento adquiridos tralos anos de cociña, investigación, incorporación de descubrimentos e a constante curiosidade, levounos a diferenciar a nosa oferta gastronómica de cara á celebración de eventos, congresos, comidas e ceas de incentivos para empleados, comités directivos e celebraciones de todo tipo. Deste xeito o restaurante dispón dunha variada selección de alternativas culinarias orientadas a satisfacer a todo tipo de públicos, permitindo unha personalización ad-hoc tanto para cada cliente como para cada comensal. Gastronomía, arte, interiorismo, cultura, arquitectura e atención ao detalle unifícanse para conseguirmos como resultado unha celebración especial, diferente e única.

Consulta o dossier con toda a información. Para calquera consulta, ponte en contacto aquí.

Organizamos o teu evento profesional en calquera espazo. Desprazamos a nosa cociña e o noso servizo para que poidas gozar de Pepe Vieira onde imaxines

Para calquera consulta, ponte en contacto aquí.