O noso espazo: O Camiño da Serpe | Restaurante Pepe Vieira | «A última cociña do mundo»

O Camiño da Serpe transmite a forza dunha natureza imparable. Nas nosas cociñas traballamos para ser intermediarios entre esa extraordinaria realidade natural e o prato.

Benvidos a «A última cociña do mundo», unha aventura en oito pasos.

1º paso

Como a Itaca, cando emprendas a túa viaxe ao «Camiño da Serpe» pide que o camiño sexa longo, cheo de aventuras, cheo de experiencias.

Cando chegues atoparás un edificio branco, inspirado nas casas encaladas dos mariñeiros; un búnker que transmite por si só a forza dun lugar, coma unha caixa de pandora de formigón e vidro que non é quen de gardar o segredo do que alberga.

2º paso

Cando entras, no salón, sentes como se a natureza tivese sido sometida, como se un domador fose capaz de controlar as texturas naturais para que nos aloumiñen. A luz, elemento principal do edificio, fainos sentir dentro e fóra ao mesmo tempo. Ese mesmo xogo natural aparece nos dous primeiros aperitivos… Agora acariciamos as cartas de pel de raia e decidimos como de longa queremos que sexa a nosa viaxe, comezamos…

3º paso

No centro do edificio, sobre unha brutal lousa de cuarcita que parece flotar no salón, un cociñeiro executa o terceiro dos aperitivos diante mesmo do cliente, explicándolle cada detalle nun xogo de sedución gastronómica. Enriba, un brutal mecano de ferro e luz inspirado nas bateas de mexillón dá conta da súa existencia como a obra de arte que é.

4º paso

Na mesa, os cinco metros das vigas de formigón que se levantan aos lados quédanse nunha simple anécdota ante a inmensidade da ría. Os pratos iranse secuenciando ca cadencia dos pequenos barcos que entran e saen do porto de Raxó, e que traen e levan o misterio alegre e triste de quen chega e parte.

Os cociñeiros cóntannos os sabores, dinnos segredos, mentiras e verdades e nos traen e nos quitan porcelanas, cestas, coitelos, teas, e moitas outras pequenas obras de arte feitas a medida para que, nun lugar único, se vivan momentos inolvidables.

5º paso

Oído cociña! —responden os cociñeiros a cada unha das comandas do chef. Entrar na cociña deste restaurante é como levantar o capó dun Ferrari, un dáse conta de que todo o demais, todo o luxo que o arrodea é accesorio e que o realmente importante é a potencia dun motor soberbio.

PEPE-VIEIRA-025-espazo-paso-6

6º paso

No exterior, a natureza manda. 15000 m2 de xardín albergan máis de 200 especies arbóreas diferentes que medran —cultivadas algunhas e salvaxes outras— e que son morada de coellos, corzos, raposos, porcos bravos ademais de innumerables aves de paso, lagartos, vacalouras, lombrigas, grilos e moitas outras que son os verdadeiros habitantes do Camiño da Serpe.

Na horta poderás atopar o segredo aromático de moitos dos pratos: pétalos, talos, raíces e follas que ancoran a cociña de Pepe Vieira no territorio e danlle ese sentido ancestral e profundo de quen afunde as súas raíces na súa terra.

PEPE-VIEIRA-075-espazo-paso-7

7º paso

A terraza oriéntase ao Leste e no verán poderás sentir o salitre do mar na túa faciana, descalzarte e notar o céspede entre as túas dedas mentres que o aroma da herba fresca cortada mestúrase cos últimos doces e dixestivos.

8º paso

Aproveita a oportunidade única de complementar a túa experiencia gastronómica hospedándote en plena natureza, nun espazo perfectamente integrado e único a uns pasos do noso restaurante.

O luxo da evasión na natureza, o pracer de osixenarse atopando a paz interior e a conexión máis pura co noso entorno. Unha proposta rupturista e atrevida, totalmente única.

Cando deixes atrás «A última cociña do mundo» comezarás a comprender o verdadeiro significado da palabra morriña.
Boa viaxe, agardámoste axiña!

Pepe Vieira, Sl, foi beneficiaria do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional cuxo obxectivo é mellorar o uso e a calidade das tecnoloxías da información e das comunicacións e o acceso ás mesmas, e grazas ao que puido mellorar a súa xestión empresarial, a través da implantación dun ERP. Esta acción tivo lugar durante a anualidade 2020. Para iso, contou co apoio do Programa de Competitividade Turística da Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa.

Pepe Vieira, SL, ha sido beneficiaria del Fondo Europeo de Desarrollo Regional cuyo objetivo es mejorar el uso y la calidad de las tecnologías de la información y de las comunicaciones y el acceso a las mismas, y gracias al que ha podido mejorar su gestión empresarial, a través de la implantación de un ERP. Esta acción ha tenido lugar durante la anualidad 2020. Para ello, ha contado con el apoyo del Programa de Competitividad Turística de la Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo y Vilagarcía de Arousa

Pepe Vieira, SL, has been a beneficiary of the European Regional Development Fund whose objective is to improve the use and quality of information and communication technologies and access to them, and thanks to which he has been able to improve his business management , through the implementation of an ERP. This action has taken place during the 2020 year. For this, it has had the support of Programa de Competitividad Turística de la Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo y Vilagarcía de Arousa