Condicións menú degustación
Cando faga o seu pedido, o sistema enviaralle un xustificante co que poderá realizar a sua reserva 24 horas despois da sua compra.
Os pedidos saen das nosas instalacións ó seguinte día hábil da sua compra e a caixa co bono agasallo chegará ó enderezo indicado no momento da compra. O tempo estimado de entrega é de 7 días hábiles para os envíos a península e Baleares. Para outros envíos, o plazo pode chegar ós 14 días. En caso de incidencia pódese poñer en contacto con nós por medio do seguinte mail: reservas@pepevieira.com
Se desexa recollelo nas nosas instalacións deberá especificalo no recadro «Notas/Observacións». Será atendido nun horario acordado previamente vía telefónica con nós no +34 986 741 378.
Está a punto de agasallar unha experiencia única nun dos restaurantes máis recoñecidos de España. Se require reserva previa e no momento de realizala débese informar do número de bono, nome do mesmo, caducidade e notificar alerxias ou intolerancias. Non se aceptarán cancelacións 72 horas antes da reserva e permanecerán suxeitas é dispoñibilidade do restaurante. O cliente deberá poñerse en contacto con nós chamando ó +34 986 741 378 ou enviando un correo a: reservas@pepevieira.com
Unha vez caducada a invitación, pódese facer uso da tarxeta agasallo aboando a diferenza ca tarifa vixente. As tarxetas agasallo non serán reembolsables unha vez adquiridas. Se os invitados non puidesen facer uso da invitación, poden transferila comunicando ó restaurante o nome dos novos beneficiarios.
Pepe Vieira SLU non se fai responsable das tarxetas sustraídas ou extraviadas.