Contacto | Restaurante Pepe Vieira | «A última cociña do mundo»

Teléfono:
986 741 378

Enderezos electrónicos:

reservas@pepevieira.com
comunicacion@pepevieira.com

Se queres formar parte do noso equipo, non dubides en escribirnos a:

cv@pepevieira.com

Camiño da Serpe s/n
Raxó, Poio – Pontevedra

Lat: 42° 24′ 32″ N
Lon: 8° 45′ 21″ O

Chegar ata o restaurante é en si mesma unha aventura. A súa situación, na zona alta de Raxó, o municipio máis pequeno do concello de Poio, en Pontevedra, fai que o camiño sexa parte da experiencia.

Para unha mellor experiencia en encontrar «A última cociña do mundo» segue as nosas indicacións, pois Google xa se perdeu varias veces de camiño.

Desde Santiago de Compostela

Colle a AP-9 dirección Pontevedra.

Toma a saída 119 da Autovía do Salnés AG-41. A continuación, saída 14 dirección Meaño; atravesa o pobo.

Continúa pola PO-303 uns 6 km ata chegares á rotonda.

Vai á dereita, dirección Sanxenxo-Bordóns. 0,5 km máis adiante, a man esquerda, hai un desvío cun indicativo do restaurante, tomao! Aos 30 m verás un campo de fútbol, toma a man esquerda e chegarás a A Serpe.

200 m despois atoparás unha edificación moderna; somos nós. Benvido!

Desde Vigo

Colle a AP-9 dirección Pontevedra e toma a saída 129 dirección Poio.

Sigue por PO-531 ata a ponte da Barca.

Continúa pola PO-308 uns 3 km ata unha rotonda e toma á esquerda, dirección Sanxenxo-Bordóns.

A 0,5 km atoparás un pequeno desvío a man esquerda cun indicativo do restaurante, 30 m máis adiante chegarása un campo de fútbol, xira a man esquerda e chegarás a A Serpe.

A 200 m atoparás unha edificación moderna; somos nós. Benvido!

Desde Pontevedra

Cruza a ponte da Barca.

Continúa pola estrada PO-308 dirección Sanxenxo – A Toxa. Ao final do km 8 atopará á dereita un desvío que indica Armenteira-Campo de Golf.

Sigue pola estrada PO-303 uns 3 km máis ata chegares a unha rotonda. Toma á esquerda, dirección Sanxenxo-Bordóns.

A 0,5 km atoparás un pequeno desvío a man esquerda cun indicativo do restaurante, tómao! Aos 30 m verás un campo de fútbol, toma a man esquerda e chegarás a A Serpe.

200 m despois atoparás unha edificación moderna; somos nós. Benvido!

Desde Sanxenxo

Toma a saída 14 dirección Meaño e atravesa o Pobo.

Continua pola PO-303 uns 6 km ata chegares á rotonda.

Vai á dereita, dirección Sanxenxo-Bordóns. 0,5 km máis adiante, a man esquerda, hai un desvío cun indicativo do restaurante, tomao! Aos 30 m verás un campo de fútbol, toma a man esquerda e chegarás a A Serpe.

200 m despois atoparás unha edificación moderna; somos nós. Benvido!

Desde O Grove

Colle a AP-9 dirección Pontevedra.

Toma a saída 119 da Autovía do Salnés AG-41. A continuación, saída 14 dirección Meaño; atravesa o pobo.

Continua pola PO-303 uns 6 km ata chegares á rotonda.

Vai á dereita, dirección Sanxenxo-Bordóns. 0,5 km máis adiante, a man esquerda, hai un desvío cun indicativo do restaurante, tomao! Aos 30 m verás un campo de fútbol, toma a man esquerda e chegarás a A Serpe.

200 m despois atoparás unha edificación moderna; somos nós. Benvido!

«A última cociña do mundo» é mais que un proxecto gastronómico, é un proxecto multidisciplinar onde colaboramos cociñeiros, enólogos, antropólogos, artistas, deseñadores, filólogos… Un proxecto que afonda no noso patrimonio cultural e que pretende recuperar o noso valioso pasado mirando sempre cara o futuro.

Estamos abertos a novas colaboracións e visións que enriquezan este proxecto. Anímate a formar parte desta viaxe!

Contacta con nós en: comunicacion@pepevieira.com

Pepe Vieira, Sl, foi beneficiaria do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional cuxo obxectivo é mellorar o uso e a calidade das tecnoloxías da información e das comunicacións e o acceso ás mesmas, e grazas ao que puido mellorar a súa xestión empresarial, a través da implantación dun ERP. Esta acción tivo lugar durante a anualidade 2020. Para iso, contou co apoio do Programa de Competitividade Turística da Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa.

Pepe Vieira, SL, ha sido beneficiaria del Fondo Europeo de Desarrollo Regional cuyo objetivo es mejorar el uso y la calidad de las tecnologías de la información y de las comunicaciones y el acceso a las mismas, y gracias al que ha podido mejorar su gestión empresarial, a través de la implantación de un ERP. Esta acción ha tenido lugar durante la anualidad 2020. Para ello, ha contado con el apoyo del Programa de Competitividad Turística de la Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo y Vilagarcía de Arousa

Pepe Vieira, SL, has been a beneficiary of the European Regional Development Fund whose objective is to improve the use and quality of information and communication technologies and access to them, and thanks to which he has been able to improve his business management , through the implementation of an ERP. This action has taken place during the 2020 year. For this, it has had the support of Programa de Competitividad Turística de la Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo y Vilagarcía de Arousa