Eventos | Restaurante Pepe Vieira | «A última cociña do mundo»

Os nosos eventos caracterízanse pola súa orixinalidade, sendo sempre especiais e pensados para asegurar a diversión das persoas convidadas.

Vodas

Sabemos que preparar unha voda é organizar o que será, posiblemente, o día máis especial das vosas vidas. Por iso, estamos preparados e dispostos a axudar para que todo sexa máis fácil. Porque o día o merece, queremos que quede constancia de que formades parte da nosa casa.

Celebracións

Eventos cunha dose de orixinalidade e creatividade extra.

Estamos afeitos a organizar todo tipo de celebracións, tanto bautizos como comunións, aniversarios e calquera tipo de festa.

Corporativos

Gastronomía, arte, interiorismo, cultura, arquitectura… temos a receita dos eventos exclusivos e diferentes.

Contamos con salas de reunións e temos experiencia en presentacións de producto, feiras, cócteles, inauguracións, roldas de prensa…

Come out

Organizamos o teu evento familiar en calquera espazo. Desprazamos a nosa cociña e o noso servizo para que poidas gozar de Pepe Vieira onde imaxines

Unha viaxe no tempo en pleno corazón de Galicia. Unha casa solariega contruída para a familia Varela no século XVI que respecta totalmente a súa estrutura orixinal.

Rodeada de 40.000 impresionantes metros cadrados con xardíns, horta, pombal, torre, capela, dous hórreos e maxestuosas árbores centenarias.

Situado en Moraña (Pontevedra) nun lugar estratéxico, a tan só 
25 Km de Santiago de Compostela.

Un lugar máxico, auténtico e con personalidade de seu que converterá o teu evento nun recordo inolvidable.

Imaxina a combinación ideal entre cociña de autor, arte, interiorismo, cultura, arquitectura e un servizo exquisito.

O resultado é un evento exclusivo e irrepetible.

O Pazo da Buzaca é o corazón dos nosos eventos pero se buscas
outra alternativa contamos tamén con outros espazos.

Un Pazo reconvertido en adega, en pleno corazón das Rías Baixas. A combinación perfecta entre a beleza das casas solariegas do século XVI e todas as comodidades actuais para organizar o evento ideal.

Conxunto declarado histórico-artístico en 1946. Conxuga a solemnidade da súa historia coa beleza das súas paisaxes vinícolas. No seu interior conserva as mellores esencias dos máis prestixiosos caldos blancos do Ribeiro.

O noso equipo está a túa disposición para axudarte a crear momentos
inolvidables

Pepe Vieira, Sl, foi beneficiaria do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional cuxo obxectivo é mellorar o uso e a calidade das tecnoloxías da información e das comunicacións e o acceso ás mesmas, e grazas ao que puido mellorar a súa xestión empresarial, a través da implantación dun ERP. Esta acción tivo lugar durante a anualidade 2020. Para iso, contou co apoio do Programa de Competitividade Turística da Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa.

Pepe Vieira, SL, ha sido beneficiaria del Fondo Europeo de Desarrollo Regional cuyo objetivo es mejorar el uso y la calidad de las tecnologías de la información y de las comunicaciones y el acceso a las mismas, y gracias al que ha podido mejorar su gestión empresarial, a través de la implantación de un ERP. Esta acción ha tenido lugar durante la anualidad 2020. Para ello, ha contado con el apoyo del Programa de Competitividad Turística de la Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo y Vilagarcía de Arousa

Pepe Vieira, SL, has been a beneficiary of the European Regional Development Fund whose objective is to improve the use and quality of information and communication technologies and access to them, and thanks to which he has been able to improve his business management , through the implementation of an ERP. This action has taken place during the 2020 year. For this, it has had the support of Programa de Competitividad Turística de la Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo y Vilagarcía de Arousa