A última cociña do mundo | Restaurante Pepe Vieira | «A última cociña do mundo»

A cociña de Pepe Vieira é auténtica, racial e chea de significado. Vai máis alá do culinario e conta unha historia con cada prato. Unha experiencia única que che permitirá descubrir Galicia e as súas orixes a través dunha proposta gastronómica creativa.

Só pretendo ser o intermediario entre unha extraordinaria realidade natural e o prato

Inspiración

Unha inspiración que reside no profundo coñecemento de Galicia e nese surrealismo tan propio do noso imaxinario colectivo. O chef Pepe Vieira viaxou ata a tradición para desenvolver unha gastronomía de seu bautizada como «A última cociña do mundo», que rescata receitas e condimentos case esquecidos cunha vocación de transmisión cultural. Esta viaxe á tradición supón un extenso traballo de investigación. Pepe Vieira, acompañado do antropólogo Rafael Quintiá, percorreu Galicia na procura da orixe da súa gastronomía. Elo tradúcese nunha proposta gastronómica singular: experiencias únicas que permiten adentrarse nas orixes e descubrir todo o que foi conformando o pobo galego ao longo dos seus miles de anos de historia. Bocados de historia para deleitarse con sabores únicos para o padal.

Só seguindo o Camiño da Serpe cara ás fisterras atlánticas poderás ter a experiencia única e irrepetible de degustar
«A última cociña do mundo».