«A última cociña do mundo»
Chegar ata a cociña do confín do mundo non foi doado.
Pero a verdadeira viaxe está a piques de comezar…


Só pretendo ser o intermediario entre unha realidade natural extraordinaria e o prato
Unha inspiración que reside no profundo coñecemento de Galicia e nese surrealismo tan propio do noso imaxinario colectivo. O chef Pepe Vieira viaxou ata a tradición para desenvolver unha gastronomía de seu bautizada como «A última cociña do mundo», que rescata receitas e condimentos case esquecidos cunha vocación de transmisión cultural. Esta viaxe á tradición supón un extenso traballo de investigación. Pepe Vieira, acompañado do antropólogo Rafael Quintía, percorreu Galicia na procura da orixe da súa gastronomía. Elo tradúcese nunha proposta gastronómica singular: experiencias únicas que permiten adentrarse nas orixes e descubrir todo o que foi conformando o pobo galego ao longo dos seus miles de anos de historia. Bocados de historia para deleitarse con sabores únicos para o padal.

experiencia única e irrepetible de degustar
«A última cociña do mundo».