A Horta

A importancia da palabra entorno

Na horta ecolóxica creada no 2008 pódese atopar o segredo aromático e de cor de moitos dos pratos: pétalos, talos, raíces e follas que ancoran a cociña de Pepe Vieira no seu territorio e lle dan ese sentido ancestral e profundo de quen funde as súas raíces na súa terra.


 



E así como o de sempre pasa a ser o máis actual, dende o sinxelo ata un proceso creativo de principio a fin, dende a materia prima recollida no que se denomina km. 0 na nosa horta, a un paseo a tan só 100 metros do Hotel (Restaurante).


O proceso aquí tamén é 360º, sempre hai un motivo para dar cada paso, converter o que se presupón como un desperdicio, en fertilizantes que fagan medrar froitos que se recollen estacionalmente, e que coida a diario a nosa horticultora Cristina.






*Disponible en temporada de verano si el clima lo permite