A última cociña do mundo | Restaurante Pepe Vieira | «A última cociña do mundo»

A cociña de Pepe Vieira é auténtica, racial e chea de significado. Vai máis alá do culinario e conta unha historia con cada prato. Unha experiencia única que che permitirá descubrir Galicia e as súas orixes a través dunha proposta gastronómica creativa recoñecida con dúas estrelas Michelin e unha estrela verde Michelin.

Só pretendo ser o intermediario entre unha extraordinaria realidade natural e o prato

Inspiración

Unha inspiración que reside no profundo coñecemento de Galicia e nese surrealismo tan propio do noso imaxinario colectivo. O chef Pepe Vieira viaxou ata a tradición para desenvolver unha gastronomía de seu bautizada como «A última cociña do mundo», que rescata receitas e condimentos case esquecidos cunha vocación de transmisión cultural. Esta viaxe á tradición supón un extenso traballo de investigación. Pepe Vieira, acompañado do antropólogo Rafael Quintía, percorreu Galicia na procura da orixe da súa gastronomía. Elo tradúcese nunha proposta gastronómica singular: experiencias únicas que permiten adentrarse nas orixes e descubrir todo o que foi conformando o pobo galego ao longo dos seus miles de anos de historia. Bocados de historia para deleitarse con sabores únicos para o padal.

Só seguindo o Camiño da Serpe cara ás fisterras atlánticas poderás ter a experiencia única e irrepetible de degustar
«A última cociña do mundo».

Pepe Vieira, Sl, foi beneficiaria do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional cuxo obxectivo é mellorar o uso e a calidade das tecnoloxías da información e das comunicacións e o acceso ás mesmas, e grazas ao que puido mellorar a súa xestión empresarial, a través da implantación dun ERP. Esta acción tivo lugar durante a anualidade 2020. Para iso, contou co apoio do Programa de Competitividade Turística da Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa.

Pepe Vieira, SL, ha sido beneficiaria del Fondo Europeo de Desarrollo Regional cuyo objetivo es mejorar el uso y la calidad de las tecnologías de la información y de las comunicaciones y el acceso a las mismas, y gracias al que ha podido mejorar su gestión empresarial, a través de la implantación de un ERP. Esta acción ha tenido lugar durante la anualidad 2020. Para ello, ha contado con el apoyo del Programa de Competitividad Turística de la Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo y Vilagarcía de Arousa

Pepe Vieira, SL, has been a beneficiary of the European Regional Development Fund whose objective is to improve the use and quality of information and communication technologies and access to them, and thanks to which he has been able to improve his business management , through the implementation of an ERP. This action has taken place during the 2020 year. For this, it has had the support of Programa de Competitividad Turística de la Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo y Vilagarcía de Arousa