Bodega | Restaurante Pepe Vieira | «A última cociña do mundo»

No noso restaurante nace o referente da Sumillería en Galicia e a proba atópase na bodega que medra con nós e á que Diana Peixoto, a nosa sumiller, está a dar maior protagonismo e referencias de interese para os nosos comensais.

Mariano Fisac describe así a Bodega de Pepe Vieira

“Unha viaxe polo Camiño de Santiago e asevera que envexa a cada invitado que desfrute dela, porque sexa cal sexa a súa elección, acertará e fará que a experiencia sexa un pouco máis feliz, se cabe”.

Nesta bodega ese Camiño de Santiago é o protagonista: “o fío condutor que vertebra a historia que se conta a través do viño e, por suposto, da cociña.

É elección do comensal cal é a ruta que quere percorrer ou en que punto quere parar. O noso compromiso é que cada parada, cada botella reflectirá de forma transparente a esencia dunha paisaxe e dun produtor que co seu bo facer contribuíu a percorrer este camiño.

A autenticidade é o elemento común, entendida como o elaborador que constrúe dende a paisaxe, mimando a súa viña, coidando o solo a través da viticultura sostible, e pechando o círculo sendo el mesmo quen finalmente asiste á maxia da fermentación, intervindo só no necesario”.

Unha boa maridaxe eleva a degustación dun prato a outro nivel.
Consulta os nosos menús

Pepe Vieira, Sl, foi beneficiaria do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional cuxo obxectivo é mellorar o uso e a calidade das tecnoloxías da información e das comunicacións e o acceso ás mesmas, e grazas ao que puido mellorar a súa xestión empresarial, a través da implantación dun ERP. Esta acción tivo lugar durante a anualidade 2020. Para iso, contou co apoio do Programa de Competitividade Turística da Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa.

Pepe Vieira, SL, ha sido beneficiaria del Fondo Europeo de Desarrollo Regional cuyo objetivo es mejorar el uso y la calidad de las tecnologías de la información y de las comunicaciones y el acceso a las mismas, y gracias al que ha podido mejorar su gestión empresarial, a través de la implantación de un ERP. Esta acción ha tenido lugar durante la anualidad 2020. Para ello, ha contado con el apoyo del Programa de Competitividad Turística de la Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo y Vilagarcía de Arousa

Pepe Vieira, SL, has been a beneficiary of the European Regional Development Fund whose objective is to improve the use and quality of information and communication technologies and access to them, and thanks to which he has been able to improve his business management , through the implementation of an ERP. This action has taken place during the 2020 year. For this, it has had the support of Programa de Competitividad Turística de la Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo y Vilagarcía de Arousa